menu Menu
O ARMIÑO DORME
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 27, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
¿E COMO SERÍA A TÚA GORENOVELA? Anterior OS OITO LIBROS GALEGOS QUE HAI QUE LER ANTES DE MORRER Seguinte

Hoxe soubemos que o libro de Xosé Antón Neira Cruz ( Galaxia ), O Armiño Dorme, vén de ser recoñecido como un dos dez mellores libros do mundo de corte xuvenil do ano pasado pola prestixiosa asociación venezuelana Banco del Libro.
Sen dúbida é unha gran nova para a nosa literatura. Hai moito tempo que estamos a repetir que a nosa Literatura Infantil e Xuvenil goza desde hai anos dun enorme recoñecemento fóra das nosas fronteiras algo que, por suposto, nos enche de orgullo a tod@s. Agora, con este importante galardón, confírmase aínda máis esa calidade das obras que se fan desde Galicia dirixidas aos máis novos.
Cando o libro saíu, tiven a honra de presentalo. Conta a historia de Bia de Médicis e, como dixen aquel día, é unha obra que fai gozar aos mozos pero, tamén, aos que xa non o somos tanto. Ben escrita. Elegante. Misteriosa. Engaiolante na súa trama. Como un día dixo outro dos grandes, Agustín Fernández Paz, a boa literatura infantil e xuvenil é aquela que tamén poden disfrutar os adultos. Tal é o caso deste armiño que, polo que se ve, non está para nada durmido.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar