menu Menú
O barco racista e o 18 de xullo
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 18, 2017 0 Comentarios 1 min lectura
A mirada náufraga 1: O tempo Anterior Morrer no traballo Siguiente

Hoxe soubemos que unha asociación xenófoba de ultradereita (perdón pola redundancia) chamada «Defend Europe» conseguiu 100.000 euros en donacións para fletar un barco co que percorrer o Mediterráneo para impedir a chegada de barcos con refuxiados e dificultar o labor das ONGs que traballan con esta pobre xente. Indican, ademais, que «intervirán» se ven «algo ilegal». A cousa lembroume aos pirados que en Estados Unidos, pola súa conta e risco, patrullan a fronteira para dispararlle («como advertencia») aos mexicanos que entran ilegalmente no seu país.

Eu só quero lembrar que sabemos isto hoxe, o 18 de xullo, o mesmo día no que lembramos non o inicio da Guerra Civil, senón do Golpe de Estado que o fascismo deu contra unha república legal e democrática e o posterior establecemento dun estado que provocou un holocausto.

Poño os dous asuntos xuntos porque todas e todos somos moi intelixentes e somos quen de ver a relación entre unha cousa e a outra. E aproveito para lembrar que o nazismo, a xenofobia, o racismo e o fascismo (perdón polas redundancias) cada vez son máis fortes en toda Europa.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar