menu Menu
O BIBLIOTECARIO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 15, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
LECTURAS DE OUTONO: LA LADRONA DE LIBROS Anterior MEDIA HORA Seguinte


Souben onte de Arcimboldo, un pintor do século XVI que resulta dabondo sorprendente por construír os seus retratos a base de vexetais ou, como é o caso da imaxe que ilustra este post ( O Bibliotecario ) polo seu anticipo do cubismo.
Reparemos con atención nesa pintura de 1562: o pintor constrúe un bibliotecario de tal maneira que o seu corpo son libros, os seus cabelos, follas dun volume aberto, os seus dedos, páxinas soltas.
Sempre penso o mesmo: se hai unha profesión na que o traballador se identifica co seu traballo, esa debe de ser a de bibliotecario. Non sei se é posible ser bibliotecario sen amar os libros. Sen ser, dalgunha maneira, libros.
Como dixo Borges e eu suscribo: Sempre imaxinei o paraíso como unha enorme biblioteca.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar