menu Menú
O CASO É CRER NOS SOÑOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 3, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
ESTE ESCRITOR É UN POUCO PARVO Anterior PIDE POR ESA BOQUIÑA: ¿DE QUE QUERES QUE ESCRIBA UN RELATO? Siguiente

Ás veces, nos Obradoiros Literarios que imparto por aí adiante, adoito dicir que para escribir é fundamental ter o valor de entrar no País das Marabillas, porque a literatura é, precisamente, o País das Marabillas.

Ou dito doutra maneira: para escribir hai que crer naquilo que dixo Borges, de que a literatura era un soño… pero dirixido.

Quizais por iso Borges, e Lennon, e eu amamos tanto a Alicia. Quizais por iso, non podo evitar propoñervos que creamos, xuntos, nos soños.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar