menu Menu
O CIRCO DE BOTERO E UNHA PREGUNTA PARA OBAMA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 16, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
PERDER A COR. PERDERSE Anterior UN PAR DE LABAZADAS Seguinte


Pasei o serán do domingo visitando a exposición que está aberta na Casa das Artes de Vigo e que vos recomendo a todos. Non valen escusas ( “é que non son de Vigo” ) porque está aberta ata febreiro e, xa que logo, malo será que non poidades pasar pola miña cidade.
A exposición á que me refiro é a de “Fernando Botero. Abu Ghraib. O circo”.
Polo de agora, só visitei a primeira parte, a do circo. En síntese, unha radiografía dun mundo que, quizais por grotesco e deformante, resulta atraínte e noxento á vez. O mellor: os animais. Os seres humanos, pasados polo funil de Botero, baixan a unha dimensión pouco interesante. Probablemente, sitúanos no que somos: moi pouca cousa.
Reservo, para outro día con menos sol, a segunda parte, na que Botero pon o seu pincel para falarnos dese monumento á vergonza que é o cárcere de Abu Ghraib, circo verdadeiro onde as feras están fóra das gaiolas, falando da liberdade e a democracia.
E por certo, ¿dixo algo Obama de pechar Guantánamo e todos os Abu Ghraib que os estadounidenses teñen, e nunca mellor dito, por terra, mar e aire?
( Na imaxe, o cadro titulado Xentes do circo, un dos óleos que poden verse en Vigo )


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar