menu Menu
O DLG COMO METÁFORA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 16, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
UN DEBATE, SEICA, NECESARIO ( Os blogs si que se len ) Anterior SILENZO ( DEFENSA DAS BIBLIOTECAS ) Seguinte

O Día das Letras Galegas é unha metáfora perfecta. Porque o 17 de Maio, como símbolo, é algo absolutamente literario. Porque é unha ficción.
Os literatos ( chámense María Mariño ou calquera outro )dedicámonos a excitar a imaxinación a partir das palabras. Podería quedar moi ben e dicir que se me ocorreu a min esa definición de Literatura. Pero hoxe teño o día honesto: iso é de Borges.
O DLG excita a imaxinación. Como a boa literatura, o DLG lévanos a outro mundo. Collemos un xornal e está – só a portada, pero está – en galego, os alcaldes escriben bandos institucionais no que falan do tesouro que é a lingua, hai festa na rúa, a bolsa do Gadis ten un poema da autora homenaxeada, os telexornais falan de lingua, literatura e de poesía… O mundo do revés. O mundo marabilloso.
O día 18 rematará a ficción. Igual que cando pechamos unha boa novela e volvemos ás nosas miserias.
O Día das Letras é literatura, metáfora de Nós.
Que pasedes un bo DLG.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar