menu Menú
O ESCRITOR INDEPENDENTE, MOLESTA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 4, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
PRESENTACIÓN DE AS PALABRAS DA NÉBOA NA POBRA DO CARAMIÑAL Anterior IDEOLOXÍA Siguiente

Non ten desperdicio a conversa que os escritores colombianos Laura Restrepo e Fernando Vallejo mantiveron en El País o pasado domingo.
Destaco unhas frases reveladoras coas que concordo por completo. Di Laura Restrepo que hai que manter sempre a independencia do poder á hora de escribir, e que «non hai nada peor que a literatura pacega», e, á súa vez, Vallejo, que lle dá «un pracer moi grande molestar».
A pesar de que nos últimos tempos hai quen di que o escritor comprometido coa realidade, que fala dela e pon a súa voz ao servizo de determinadas causas está demodé, o certo é que, só con abrir os ollos e de paso, calquera xornal, xa queda ben claro que non nos queda máis remedio que comprometernos e tomar partido.
O escritor, independente, molesta. Debe, de feito, molestar.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar