menu Menu
O ESCRITOR INSPIRADO (OU TIRADO)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 13, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
ASÍ SI Anterior UN POST DEMAGÓXICO Seguinte

Escritor inspirado

Adoito dicirlle aos asistentes aos meus obradoiros literarios, e nas parolas que teño nos colexios cando me convidan, conferencias e sitios así, que o escritor ten que estar sempre preparado por se a inspiración lle ataca. Non se sabe cando vai ser, pero non se pode deixar pasar o momento.

Como a mellor maneira de demostrar algo é empiricamente, deixo aquí unha foto que un bo amigo blogueiro me tirou, en plan roubado, nun tempo morto do Simposio sobre o libro electrónico no que estes días estou a participar en Santiago.

É unha foto histórica (ou homérica, como el mesmo me dixo) que, en calquera caso, deixa claro que os escritores e escritoras galegos escribimos cando e onde podemos.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar