menu Menú
O FUTBOLÍN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 12, 2007 0 Comentarios 2 min lectura
¿PARA CANDO PHILIP ROTH EN GALEGO? Anterior TODO UN SÍNTOMA Siguiente


Non sei moi ben cando descobrín o futbolín. Pero si cando se fixo importante na miña vida. Eran os tempos do instituto. Primeiros oitenta. No recreo, saiamos a mercar unha empanadilla no Bar Carballo, a rentes do monte da Guía, e alí estaban, os de COU, dándolle duro ao futbolín, abusando dos que, coma min e o meu amigo Paco, aínda eramos pequenos de máis e, xa que logo, sen forza como para xogar contra deles. A parella que gañaba, conquistaba o dereito a seguir no futbolín. Se querías xogar, xa sabes, a meter duro. E a seguir perdendo.
Mais o bo que ten ser pequeno é que pasa crecendo. E un día, tamén eu fun dos de COU e dos mellores. Fun un aceptable defensa, é dicir, dos que xogaban cos dous mandos de atrás. A miña especialidade: o gol tremendo de tiro potentísimo desde calquera dos laterais. E sen facelo a rebolos, que estaba, e está, prohibidísimo.
Paco e eu chegamos a ser invencibles.
Moito tempo despois, xa medrado, souben que o futbolín fora inventado por un escritor galego chamado Alexandre Fisterra. Pensei: de ter sido calquera outro, non galego, de certo que sairía en todas as enciclopedias e xa o estudiariamos desde nenos. Pero non. Soubeno xa medrado. E esta fin de semana, o inventor do futbolín morreu; finou o facedor dun dos xogos máis universais e divertidos do mundo.
Hoxe en día xogo co meu fillo, no ordenador, ao FIFA 2007. Perdo sempre. E aínda que o paso ben, non ten nin a metade de emoción que, na miña lembranza, tiñan aqueles partidos tremendos, emocionantes e cheos de lume, do futbolín da miña infancia e primeira mocidade.
O vindeiro gol que meta, cando volva xogar ao futbolín, irá adicado á memoria de Alexandre Fisterra.
( Podes opinar sobre este artigo pero non esquezas que segue a pescuda )


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar