O mércores da semana que vén andarei de parladoiro pola Universidade de Salamanca para falar das TIC e a Edición, Literatura na Rede, etc… Terei a sorte de compartir mesa con Anxos Sumai e O Leo. Imos convidados polo Departamento de Lenguas Modernas, Área de Filologías Gallega y Portuguesa e máis concretamente pola lectora de galego, Xandra Santos.
Non sei cantos lectores terá este náufrago polas terras de Unamuno pero, por se acaso, quedan avisados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.