menu Menu
O MEU CUESTIONARIO PROUST
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 2, 2007 0 Comentarios 2 min lectura
CANDO OS LIBROS ERAN A REVOLUCIÓN Anterior A PESAR DE TODO Seguinte

Un amable lector deste blog, convídame a respostar ao célebre Cuestionario Proust.
Velaquí van as respostas
O cuestionario Proust:

O principal rasgo do meu carácter?
A constancia
A calidade que prefiro nun home?
O humor
A calidade que desexo nunha muller?
A intelixencia
O que máis aprecio nos meus amigos?
Que me aturan
O meu principal defecto?
O rancor
A miña ocupación preferida?
Ler
O meu soño de dicha?
Ver aos meus felices
Cal sería a miña maior desgraza?
Que non se cumpra o anterior
Que quixera ser?
O que son
Onde desexaría vivir?
Onde vivo
A cor que prefiro?
O roxo
A flor que prefiro?
O cravo
O paxaro que prefiro?
Calquera fóra das gaiolas
Os meus autores preferidos en prosa?
Borges, Cunqueiro.
Os meus poetas preferidos?
Celso Emilio Ferreiro, Whitman, Sabina.
Os meus heroes de ficción?
Ningún. A vida de verdade é moito máis heroica.
As miñas heroínas de ficción?
O de antes.
Os meus compositores preferidos?
Lennon-McCartney, Harrison, Dylan.
Os meus pintores predilectos?
Picasso
Os meus heroes da vida real?
Ningún. De preto todos teñen fallos.
As miñas heroínas históricas?
Pois outro tanto.
Os meus nomes favoritos?
Pablo, que significa “pequeno”
Que detesto máis que nada?
A imbecilidade con poder, ou a un imbécil poderoso
Que caracteres históricos desprezo máis?
A “conquista” de América.
Que feito militar admiro máis?
¿Militar? Ningún. Nin de coña. Lonxe, lonxe…
Que reforma admiro máis?
Non sei se vale, pero foi reforma: A revoluçao dos cravos.
Que dons naturais quixeras ter?
Mellor vista da que teño.
Como me gustaría morrer?
De ningunha maneira. Pero, como é inevitable, de súpeto e, sobre todo, lúcido.
Estado presente do meu espírito?
Aprendendo
Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os feitos polos cativos.
O meu lema?
“Teño que ser honesto, sempre, comigo mesmo”

Agora pásolle a bóla a este blog amigo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar