menu Menu
O MEU PAÍS É ASÍ
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 13, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
LA FRONTERA INFINITA Anterior FAITE VALER Seguinte

O meu país é así.
Un conselleiro de cultura ordena que se cubran paredes e paredes de edificios da Cidade da Cultura, con libros.
O meu país é así.
Libros para adornar.
Poderían poñer falsos libros. Só as cubertas. Sería máis barato.
Aí atrás contábannos que nun almacén da Xunta había tropemil libros editados polo goberno galego, pero sen sacar das caixas.
O meu país é así.
Libros dentro das caixas.
Así ninguén terá a tentación de ler.
E hoxe leo no Faro de Vigo que a bilbioteca doada por Francisco Fernández del Riego á cidade de Vigo permanece vetada ao público porque non hai espazo para dotala de puntos de lectura. ¿A doazón foi o outro día? Non, foi hai 12 anos. E deu tempo ( falamos de Vigo ) a que gobernasen todos os partidos diso que se chama o espectro político.
O meu país é así.
Os libros, nin regalados.
Non falamos de catro volumes. Son máis de trinta mil, e máis de mil coleccións de revistas. Todo ese material compartiméntase nun curruncho de 50 metros cadrados.
O meu país é así.
Economizando espazos.
E xa que falamos de Economía suliñemos que o valor aproximado do material supera os 3.100.000 euros.
Desde o 95 que foi a doazón, Francisco Fernández del Riego acumulou 5000 volumes máis. Están dentro de caixas, esperando para ser catalogadas.
Paredes. Caixas. Almacéns.
O meu país é así.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar