menu Menu
O MEU POEMA PARA ALEXANDRE BÓVEDA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 22, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
DA MIÑA BOCA Á MIÑA ORELLA: Fragmento de IN VINO VERITAS Anterior A POESÍA FAI MÁIS VIVIBLE A VIDA Seguinte

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizou unha exposición que se pode ver ata o vindeiro 31 de agosto, na Coruña, e no que se mesturan obra gráfica, pintura, escultura e manuscritos de artistas, escritores e escritoras de todo o pais que acudiron á chamada para expresar como ven eles, 75 anos despois do seu asesinato a figura de Alexandre Bóveda.

Eu participei cun poema. Pediron que o enviásemos manuscrito e nun papel de calidade, para que se puidese amosar na exposición.

Quen se achegue por alí descubrirá como, a pesar dos meus moitos esforzos, teño unha letra pésima.

E para os que non poidan ir, deixo aquí o meu poema:

Galicia debaixo da chaqueta

furando o peito furado

coma carta recibida derradeira

de todos os que te soñamos despois.

Dixeches que os perdoabas

pero eles non te perdoaron

e devecen por fusilarte de novo

(ai, se puideran).

Durmes coa bandeira galega fundida

nas cinzas de quen foches.

Agora

inmortal.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar