menu Menú
O meu poema para Urbano Lugrís
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 18, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
DESEXOS DE NADAL Anterior ESTOU ATA AS BÓLAS (¿ É O GALEGO A LINGUA PROPIA DOS GALEGOS?) Siguiente

Os amigos do colectivo A nave das ideas organizaron o pasado sábado actos de homenaxe ao pintor atlántico Urbano Lugrís. Infortunadamente tocoume traballar todo o día e perdín eses actos, mais non a lectura da Coroa poética sobre textos baseados na súa obra imperecedoira e na que embarcaron (para algo son unha Nave) a algúns poetas galegos.

Imprudentemente, incluíronme a min (en toda nave hai un náufrago) para poñerlle letras a este cadro (Lavandeira é o seu título) que vos deixo aquí.

Nesta ligazón, descargades o libro enteiro.

E de seguido, o meu poema

O universo xerminal e feminino
de lumieiras agres dóce sabor vermello
construíu a república das peles
naquel afastado día no que o sol
sentiu vergoña
diante da beleza
das pernas abertas
de Eva Deusa.
O universo xerminal é feminino
e Deus debe existir
e ter recendo líquido de muller namorada.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar