menu Menú
O PAU DE CRICKET E O POEMA DE AMOR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 7, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
COHERENCIA Anterior ¿QUEN ME RESPONDE? Siguiente


Manuel Xestoso asina un interesante traballo en A Nosa Terra arredor de Harold Pinter, o premio Nobel do 2005 que finou hai pouco. Léndoo, a un éntranlle ganas de crer no destino aínda sabendo, como sei, que o destino non existe. Dinos o autor do traballo que, en plena segunda guerra mundial, uns bombardeiros destruíron a casa onde vivía. De entre os cascallos só foi quen de sacar un pau de cricket e un poema de amor.
Daquela, tiña que ser ou xogador dese británico deporte ou escritor.
O destino, que non existe, decidía por el.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar