menu Menú
O PODER ( POLÍTICO ) DA TELE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 6, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
ANTÍDOTO CONTRA A ESTUPIDEZ Anterior ¿E CAL É A TÚA TOLERÍA? Siguiente


Hai moito tempo que tiña gardada esta entrevista con Mercedes Milá, xa sabedes, unha boa xornalista que hai moitos anos nos deslumbrou aos adolescentes coas súas entrevistas, obrigándonos, case, a estudar xornalismo e que despois, ouh decepción, rematou facendo o que fai.
O titular da entrevista é ben significativo: Ningún cargo político me daría el poder que me da la tele.
Escríboo e mentres o fago decátome do obsceno que soa. Síntese máis poderosa que, poño por caso, un ministro.
Mais o certo é que leva razón, e non vou gastar o meu tempo, nin o voso, en explicar o poder conformador das conciencias e de transmisión de valores de todo tipo que fai a tele dunha maneira inmediata sobre a poboación, en especial sobre as máis novos.
Daquela, o que está claro é que a tele pode usarse para ben e para mal. Ese é un poder. Político. E non é o mesmo que programen unha cousa a que programen outra.
E como acaban de desembarcar os novos responsables na TVG, aproveito para pedirlles que poñan a canle pública ao servizo dos galegos e da cultura de Galicia. Algo que, por certo, é o que manda a lei.
Que o teñan tan claro como a Milá.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar