O Congreso dos Deputados, en Madrid, aprobou unha proposta de Esquerda Unida que condiciona, no futuro, as subvencións á Real Academia de Historia, se cambian as barbaridades do Dicionario.
Semella unha proposta lóxica, de puro senso común. Non é ningunha xenialidade. É de tal obviedade que non hai nada que dicir. Non debería ser motivo de debate. Non se pode publicar, nun texto oficial (as Academias fixan un canon de verdade), que Franco non foi un ditador. Porque o foi, e dicir que non, implica ou ser un burro, ou ter mala fe.
A proposta saiu adiante cos votos de todos… agás do PP, que se opón por considerar censura a medida.
A negativa non é sorprendente, na medida en que, alí onde gobernan (caso da Coruña, alí onde o seu alcalde cobra -menos mal que anunciou austeridade– case que o mesmo que Feijoo), ou non aplican a Lei de Memoria Histórica (que obriga -non é opinable, é unha lei, daquela, de obrigado cumprimento- a mudar os nomes franquistas do rueiro) ou a ralentizan. Así pois, esa negativa non resulta, insisto, sorprendente.
O que si que é sorprendente é que non se decaten de que son os únicos, os únicos no mundo, que siguen teimando en non condear un réxime como o franquista que foi fascista, asasino, totalitario e bestial. E que, incluso politicamente, habiamos tomalos máis en serio se pasasen páxina dunha vez.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.