menu Menú
O PP, SE GOBERNA, PECHARÁ TODOS OS CENTROS EDUCATIVOS RELIXIOSOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 19, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
AMOR E HUMOR Anterior BENDITO EGO Siguiente


O escandaloso titular deste artigo ten a súa xustificación.
Antonte, indo eu no coche cara o traballo, a media mañá escoito na COPE ( xa ven… ) unha entrevista co número 5 das listas do PP por Pontevedra, Ignacio López Chaves. Vanlle preguntando sobre distintos asuntos: o tren de alta velocidade, a área metropolitana, a sanidade… e el vai dando as distintas propostas do PP para aplicar no caso de que gobernen. Ata aí todo ben.
Mais contra da fin da entrevista, pregúntanlle polas Galescolas e el dá a seguinte resposta:
Las galescolas se cerrarán, porque la educación infantil no es para que los niños reciban ideología nacionalista.
A verdade é que quedei pampo, porque teño para min que os profesionais deses centros de ensino teñen como primeira misión aprenderlles aos nenos segundo o temario oficial.
Sen embargo, a cousa fíxome pensar. E non no desinformado que está López Chaves. Nin tampouco sobre o duro que resulta escoitar que se el goberna vaime prohibir a min exercer o dereito a que os meus fillos e fillas reciban educación só en galego.
Non.
No que me fixo pensar foi noutra cousa.
Imos imaxinar que hai que pechar calquera centro educativo onde, en troques de aprenderlles aos cativos as letras e os números e a ler e tal, se lles aprendese, de paso, ideoloxía. Daquela, habería que pechar todos os centros educativos de curas e de monxas.
Así que, como eu creo na coherencia de Ignacio López Chaves ( non teño por que pensar outra cousa ) aspiro a que, se recobran o poder, ademais de pechar as Galescolas pechen todos os centros relixiosos de Galicia e, xa que logo, dediquen todos os seus esforzos a apoiar o ensino público galego.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar