menu Menu
O QUE ENTENDE A COPE POR CULTURA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 3, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
EM DEIA SIMBAD Anterior O ÚNICO BO DO "CONFLITO LINGÜÍSTICO" Seguinte

Zapeando onte na casa, pasei por Popular TV-Galicia (a canle da COPE, é dicir, da igrexa española) xusto no intre en que aparecía o cartel, no seu telexornal da noite, de Cultura. Como son un vicioso incorrixible, parei alí.

Arrancáronse de tal maneira:

LOCUTOR: Y vamos ya con la crónica Socio-Religiosa del día, con nuestro colaborador (aquí non lembro o nome), que nos va a explicar qué es lo que hoy dijo el Papa en su visita a los obispos de Gales.

E claro, alucinei. A sección de Cultura dese telexornal é en realidade unha crónica socio-religiosa. Daquela, pensarán que son a mesma cousa. E non o son, dende logo.

(E xa non entro no asunto delicado que supón o feito de que, por ter a concesión para Galicia están obrigados -ata onde eu sei- a emitir parte da programación na lingua nosa. Que eu saiba -non me deteño moito por esa canle, comprenderán- non o fan. E pregunto: ¿non tería alguén que ocuparse de que cumprisen coas condicións da concesión?)


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar