menu Menu
O QUE VERÁ O SATÉLITE GALEGO DENDE O ESPAZO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 13, 2012 0 Comentarios 1 min lectura
QUERO METERME NUNHA POZA Anterior MENOS TECNOLOXÍA E MÁIS POESÍA Seguinte

Seica xa hai un satélite galego no espazo. Pregúntome que verá.
Igual, cando dirixa o seu electrónico ollo cara nós, verá un país fratricida especialista en elaborar estratexias para ter sempre a cabeza baixa, aturando o que lle botan porque é incapaz de poñerse de acordo consigo mesmo para sair de vez do burato.

Ou igual, cando o satélite enfoque ao país que o fixo nacer, verá un curruncho do planeta fermoso pero pequerrechiño, cun minifundio mental enorme que lle fai incapaz de pensar como país, e que cando non anda a hostias -con perdón- reivindicando as miserias localistas (Vigo-A Coruña, por exemplo) anda exterminándose mutuamente dende dentro, rompéndose, esnaquizándose soíño nas súas batalliñas interniñas.

Estou certo de que ollará para abaixo e verá unha terra anormal, onde os seus habitantes, que recibiron un don prezado que outros moitos non teñen (a lingua, poño por caso), adoitan desprezalo e traballan arreo para a súa desaparición.
Todo iso verá. E moitas máis cousas.

Que tire unhas fotos e que as envíe, a ver se véndonos dende enriba nos damos entendido de vez.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar