menu Menú
O TAMAÑO DA SINATURA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 8, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
RESISTINDO Anterior EN GALEGO TAMÉN SE PODE RIFAR Siguiente

Leo en El País ( a prensa de Madrid si informa, e en detalle, todos os días do que pasa na Feira da capital de España ) o comentario dun editor en español que sinala que un autor grande asina arredor de 150 exemplares alí nun día, e que un normaliño, sobre cincuenta.
A algúns autores póñenlle carpa propia e azafatas para regular o tráfico.
Eu só asinei unha vez, ata o de hoxe, e foi na feira de Vigo, é dicir, que xogaba na casa. Só asinei tres e saín da caseta ( da organización, compartida con outros dous autores; un deles asinou dous, e o outro, nada ) cun subidón impresionante.
Eu tamén fun, ese día, supervendas.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar