menu Menu
O ÚNICO BO DO "CONFLITO LINGÜÍSTICO"
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 2, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
O QUE ENTENDE A COPE POR CULTURA Anterior PALABRA DE AUTOR/PALABRA DE AUTORA Seguinte

Dicíallo o outro día a unha amiga deputada.

Dicíallo o outro día a unha amiga poeta.

Dicíallo o outro día a un grupo de estudantes.

Dígovolo agora a todos vós, xa que ando dando a brasa por aí con esta teima.

O único bo que ten todo isto do “conflito lingüístico” é que, dentro duns anos, estudarase nas Facultades de Ciencias Políticas como un exemplo de conflito inventado, de como se colle unha realidade, na que non existe pelexa por asunto do idioma e, a posta, e para sacar réditos electorais, vai e se monta unha bronca en toda regra que saca á xente á rúa a dicir que está ata ese sitio de que lle tiren da lingua.

Iso é o único bo que vai deixar todo isto. Que nos estudarán nas facultades de Quèbec, por dicir un sitio, para os futuros politólogos aprender como enlearla ata o vómito.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar