menu Menu
OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA EN VIGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 7, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
BOOKTRAILER DE 'ME LLAMABA SIMBAD' Anterior VERGONZA Seguinte

Dende hoxe está aberta a matrícula para o meu OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA que celebraremos no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo, como todos os anos.

Dará comezo o vindeiro luns 7 de novembro e serán catro sesións de dúas horas no que nos centraremos no pracer de crear textos, de pensar versos, de idear historias, de facer medrar personaxes. Todas as sesións darán comezo ás 17 horas.

Todo, coma sempre, dende unha perspectiva lúdica da literatura.

Toda a información sobre a matrícula nesta ligazón (no menú da esquerda poñede, en TEMA, “Cursos”, en LOCALIDADE “Vigo”, e en EVENTO “·literario” e xa vos sae).


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar