Seguindo o mandado de Acuática, velaquí oito cousas que me gustan.
1.- Estar co meu fillo e, sobre todo, rir con el.
2.- Estar con ela e, sobre todo, rir con ela.
3.- Escribir, tendo a sensación, obsesiva, de que vivo noutro mundo, nese que eu estou creando, nese que, despois, compartirei contigo. Escribir deixando a vida en escribir. Teclear sen durmir, sen comer, respirando, só, porque hai que respirar.
4.- Ler un libro tan bo que comece a sentir envexa do seu autor, carraxe por non ser tan bo. Ler un libro e patealo de envexa. Ler un libro e notar o sabor de todas e cada unha das súas palabras.
5.- Tocar a guitarra eléctrica e seguir fantasiando, seguir fantasiando, seguir, ata que me sangren os dedos, que algún día tocarei cun meu grupo sobre un escenario. E ti berrarás, entolecida, grupi do meu corazón.
6.- Poñer lavadoras. Pendurar a secar a roupa. Sacala. Lavar a louza. Secala. Gardala.
7.- Pelexar cunha nova historia. Escribila. Sentir noxo polo escrito. Corrixilo. Gozar do feito de tachar. Comer as inseguridades sobre o resultado final. Ir á librería e que está alí e que ti, anónim@, mercas o libro.
8.- Viaxar. Onde non saben de nós. Onde non existimos nin somos.
Agora pásolle o mandado á Sandalia.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.