Non vin as xa famosas imaxes -nin penso, teño moito máis que facer- de Loles León, pobriña ignorante, poñendo verde a unhas pandereteiras galegas que ousaron levar un tema tradicional a un casposo e parvísimo programa de televisión. Algo sabía, porque vía facebook recibín un convite para sumarme a un boicot contra ela que, por suposto, rexeitei. Como rexeito os convites en plan “odio a Gloria Lago” e cousas así, que tamén recibín estes días. Dende hai moitos anos teño claro que non odio, en principio e en concreto, a ninguén. Odiar significa darlle moita importancia a quen odiamos. E estas dúas señoras, respectabilísimas como seres humanos por outra banda (outro asunto son as paridiñas que botan pola boca, pobriñas ignorantes) non merecen o meu odio. Tampouco o meu cariño, que conto moito a quen llo dou.
En calquera caso, o que resulta evidente é que os que nos discriminan nas nosas manifestacións culturais, por folclóricas ou moi referidas ao autóctono, pobriños ignorantes, non fan o mesmo cando de flamenco se fala, que si que é aceptable, que si que vale na televisión. De feito, varias bailadoras de sevillanas dese concurso, nenos palmeadores e guitarristas flamencos pasaron, seica, á gran final.
Porque xa se sabe cal é a doutrina: Olé, olé e olé si. Pero ailaleo, alalalo, non, que é de pailáns.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.