menu Menú
OLÉS EN PONTEVEDRA!!!
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 23, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
MAÑÁ AO FESTIGAL Anterior HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 13 (DEMOSTRACIÓN DE QUE EXISTE A XUSTIZA POÉTICA) Siguiente

Un ano máis, o Concello de Pontevedra (BNG, ollo) organiza nas Festas da Peregrina, un «espectáculo taurino». Na propia web oficial, despois do saúda do alcalde, accedemos á programación do «festexo» no que se ofrece información detallada arredor de Manuel Díaz «El Cordobés» e de Francisco Rivera Ordóñez, entre outros toureiros.

Non vou gastar a cabeciña en poñer enriba da mesa a barbaridade. Simplemente direi que, dende sempre, a esquerda, nacionalista ou non, gustou de presumir de coherencia. Ata onde eu sei, as agrupacións ecoloxistas e de defensa da natureza e dos dereitos dos animais, simpatizan co Bloque ou, incluso, forman parte dela.

Xa que logo, espero que alguén con responsabilidade e opinión teña a ben explicarme como algo así é posible. Porque, se non ten explicación, daquela terei que pensar que tamén entre as xentes da esquerda nacionalista hai populismo e a crenza indebatible de que polos votos, o que sexa.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar