Deixei estes días desatentido este blog, porque marchei, como noutros anos, ao Festival de Ortigueira.
Alí gocei da música, sempre engaiolante, entre outros, de Sondeseu ( na foto ).
Volvín – e estaba moi necesitado – coas pilas cargadas, novamente alucinado da festa caótica, libertaria, de acampadas inverosímiles, de xentes felices unidas arredor da música, a cervexa e as propias gañas de vivir a aventura.
É o festival do estado que máis xente move. Non fachendea diso, coma o Rock in Río ou o FIB. O 50 por cento non pisa o festival. Pero tanto ten.
A comuñón que se sente anima a seguir. Unha noite máis. Un ano máis.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.