menu Menú
OS AUTORES FAVORITOS DOS BEATLES
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 30, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
OFENSA Á INTELIXENCIA Anterior CRIGAL Siguiente


Hai uns días propúxenvos un xogo que vai moi ben. Por certo: seguide xogando.
Hoxe vou atreverme a contestar polos Beatles.
Na portada máis famosa dun dos seus discos, o Sgt Pepper’s Lonely Hearts Club Band ( esa marabilla da psicodelia que se pode escoitar veces e veces e nunca cansar ), decidiron poñer, canda deles, aos que máis admiraban por uns ou outros motivos.
Pois ben, nesa foto están ( podedes xogar a tentar localizalos ), Edgar Allan Poe ( citado nalgunha das cancións, e admirado en absoluto por Lennon ), Huxley, H.G. Wells, Bernard Shaw, Lewis Carroll (outro que adoraba John ) e Oscar Wilde.
Daquela, eles, tamén xogan con nós.
Aínda que sexa desta maneira absurda que este beatlemaniaco enfermizo que eu son, vén de facer.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar