menu Menú
OS BISPOS NON ENTENDEN GALEGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 7, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
É A ÚLTIMA VEZ QUE ESCRIBO SOBRE ISTO. Anterior OS LECTORES SON XENTE VIOLENTA Siguiente


Hoxe a prensa dá conta de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga a readmitir a unha xornalista da COPE despedida, entre outros motivos, por estar casada cunha muller e por ter traballado para o BNG.
A cousa, en si mesma, é inconcibible, pero moito máis o é o feito de que os avogados da emisora recurriron a sentenza por estar ditada en galego. Na súa falta absoluta de respecto, xa avisaron que no vindeiro xuízo queren un tradutor de galego. A vista foi en Santiago, falouse en galego e ninguén dixo nada.
Insisto: gravísimo este disparate.
Pero moito máis o é, para min, que moi probablemente a COPE, á hora de pedir axudas económicas para «normalizar a lingua» ( xa sabedes, tres novas en galego para xustificar os cartiños) seguro que, nesas circunstancias, entenden perfectamente a lingua de nós.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar