menu Menu
'OS BOS E XENEROSOS': MAÑÁ EN SANTIAGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 5, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
O MEU DISCURSO SOBRE A BELEZA Anterior EU SON ESCORPIO (A VER SE ASÍ ME LEN MÁIS) Seguinte

Mañá estarei en Santiago convidado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, ás 12 no Museo do Pobo Galego, para ler a Laudatio no acto de entrega do premio ‘Os bos e xenerosos‘ ao Premio Blanco Amor, iniciativa imprescindible para entendermos o desenvolvemento da nosa literatura contemporánea. Eu gañeino no ano 2006. É toda unha emocionante responsabilidade falar mañá sobre isto.

Os Concellos que ao longo destes case que trinta anos foron acollendo a súa organización, serán homenaxeados como cómpre.

Prometo, mañá, ofrecer aquí en PDF o meu texto para quen lle interese.

Estades todos convidados a acompañarnos mañá en Compostela neste acto cívico de homenaxe e de xustiza.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar