menu Menu
OS ESCRITORES SUICIDAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 7, 2008 0 Comentarios 2 min lectura
PREFIRO ÁS PERSOAS Anterior GALICIA BILINGÜE O O PP Seguinte

Hemingway: escritor e suicida.Hai un par de semanas, o escritor Héctor Abad Faciolince publicou unha reportaxe no suplemento de El País movido polo suicidio recente do escritor estadounidense David Foster Wallace, tentando responder á pregunta por que se mata un escritor.
Dá unha morea de razóns. Probablemente todas erradas. Os escritores suicídanse polo mesmo que o resto da xente, o que pasa é que, como son escritores, seica son capaces de disfrazalo esteticamente e daquela un mátase porque non atura o mundo, ou o mercado, ou a si mesmo, ou non lle sae un soneto. O resto da humanidade, por non poder pagar a hipoteca, por desamor ou por puro fastío de vivir. Se queren a miña opinión, coido que é o mesmo. A xente mátase por infeliz. Pero os escritores metamorfoséano en “tormento creativo” ou “baleiro existencial”.
O que quería comentar son estas frases, absolutamente alucinantes: Creo que la raza de los escritores suicidas, pero indecisos, se ha inventado otro tipo de estrategia para no matarse, y para ni siquiera intentarlo. Me refiero a los escritores que, en vez de dar el salto, trasladan el propio suicidio a sus personajes. Así hizo Shakespeare con Ofelia, Romeo y Julieta; Goethe, con el joven Werther; Tolstói, con Anna, y Schnitzler, con el subteniente Gustl. Es raro, pero si uno suicida a alguien en un libro, se experimenta una muerte que de alguna manera sacia la ansiedad por la propia muerte. Lo sé por experiencia propia.
Descoñezo a súa propia experiencia. Pero, en calquera caso, fíxome pensar en que algúns dos meus personaxes máis queridos dalgunhas das miñas novelas morren suicidándose.
A verdade, eu non sentín nada de todo iso que di o autor da reportaxe. Se así fora, que o que fan os nosos personaxes é dalgunha maneira o que nos gustaría facer a nós, daquela, o gremio dos escritores serían, sen comparación, a xente máis pervertida do universo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar