menu Menú
OS MEUS "TRES CASE PREMIOS"
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 18, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
O máis importante que me pasou Anterior Para ver e que nos miren Siguiente

Como o ano pasado, esa web imprescindible para todos os que gustamos na literatura galega que é Fervenzas Literarias, deu a coñecer os resultados da enquisa entre os seus lectores e lectoras sobre que libros, autores, blogs e acontecementos culturais lles pareceron o mellor do ano que vén de rematar.

Así como o ano pasado Chamádeme Simbad foi elixido como o mellor en Infantil, este ano a cousa quedou moi cerca. Así que moi contento porque terminamos aparecendo en tres categorías.

Así, na de Mellor Libro Xuvenil, O segredo de Marco Polo queda en segundo lugar. Pero é normal, porque O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro é unha marabilla.

Por outra banda, e para a miña sorpresa, na categoría de Autor do Ano, aparezo en quinto lugar, detrás de grandísimos como Manuel Rivas, Diego Ameixeiras, Agustín Fernández Paz, e Víctor F. Freixanes. De corazón grazas. É un sorpresón e, dende logo, algo totalmente inmerecido, mimá.

Finalmente, este voso blog, quédase no cuarto lugar, detrás de Brétemas de Manuel Bragado, do Caderno da crítica, de Ramón Nicolás e de Ferradura en Tránsito de Eyré.

Así que moitísimas grazas a todas e a todos os que votastes por estes case que tres premios.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar