menu Menu
OS POETAS DE VIGO CANTAN Á POESÍA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 13, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
MERCADO ( GALICIA COMO SOCIEDADE PRE-INDUSTRIAL) Anterior ARTE E PARTE. PARARSE A PENSAR Seguinte

Hai case tres meses informei aquí dunha iniciativa que nos levou a unha morea de xente de Vigo a facer un recital poético un chisco singular. Pedinlle a todos os participantes que escribisen, no Día Internacional da Poesía, un poema sobre a poesía.
A cousa medrou ata o punto de que recitamos moitísima xente e, agora, da man de Edicións Cardeñoso, teño nas mans un fermoso libro colectivo que se titula, precisamente así, Os poetas de Vigo cantan á poesía.
Non podo citalos a todos, pero que saibades que alí están escritoras coma Palmira Boullosa, David Fernández Rivera, Carlos Fontes, Chus Lour, Rosa Llorente, Paula Mariño, e moita xente do Grupo Poético Brétema; pero tamén a fotógrafa Cristina Brea Lodeiro, o empresario Manuel Dafonte, ou o pintor José González Sobrino.
Presentaremos o libro o vindeiro luns ás 20 horas na Casa do Libro.
Quedades tod@s convidad@s.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar