Onte expliqueivos que os que lemos libros somos máis guapos e guapas. Hoxe quero deixar claro que os que falamos en galego ligamos moitísimo máis que os que falan en castelán.
Direivos por que.
Un día da semana pasada estaba eu, como tantos seráns deliciosos, coa miña cativa nun parque vigués. Por alí cun libro, e atento ás súas demandas, vixiando, subíndoa na rendeeira, recollendo pas e cubos de Caillou. Mentres vai pasando a tarde, vexo unha muller de espectaculares ollos verdes que me mira en distintos momentos. Eu non sei quen é pero, xa que estamos, míroa tamén.
Cando xa é tarde e hai que ir marchando e lle digo á miña nena que hai que ir tirando, os ollos verdes achéganse a min. Ela fálame ao tempo que me agasalla cun sorriso lindo:
– Yo a ti te conozco.
– Non sei. Eu a ti non.
– Si, te conozco de algo.
Eu non sei se nos coñecemos ou non. Pero van dous bicos, por se acaso.
E daquela, ela aclárao todo, o por que do seu interese en min:
– Es que ya me había fijado en tí hace unos días. Como siempre hablas gallego…
Esta tarde volvo ao parque. Polo ben do noso idioma, claro.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.