menu Menu
OS QUE LEMOS LIBROS SOMOS MÁIS GUAPOS E GUAPAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 5, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
OS QUE FALAMOS EN GALEGO LIGAMOS MÁIS Anterior DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Nosoutros' Seguinte

A miña amiga, e vicepresidenta segunda de Gálix, Mercedes Cerdeiras Uría, agasalloume hai pouco cunha publicación editada polo Concello da Coruña (e o novo goberno do PP financiará cousas así???) na que se reúnen unha serie de ditos sobre os libros e a lectura da autoría de xente máis ou menos célebre do mundo da literatura mundial. Para a miña sorpresa, aparezo eu alí dicindo:

Manteño viva a ilusión por seguir lendo libros. Daquela, sigo sendo un neno. Leo. E non envellezo. Embelézome

O certo é que non lembro onde dixen ou escribín tal cousa. Busquei na rede e non me atopei. Pero, en calquera caso, paréceme unha cita defendible e na que creo con paixón.

Si, ler fainos máis fermosos. A influenza positiva da lectura nos cativos e cativas, ou na xente maior, non é discutible.

E creo tanto nisto que, de feito, despois de tantos libros como xa levo lidos, podo anunciarvos que hoxe espertei e aparecín como me mostro na foto esta.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar