menu Menu
OS TÍMIDOS ESCRIBIMOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 21, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
UNHA BOA NOVA PARA OS MEUS AFOGADOS Anterior O GALEGO É FINO, O CASTELÁN É DE BRUTOS Seguinte


Hoxe El País publica unha entrevista moi interesante co dramaturgo e expresidente checo Václav Havel.
Entre outras cousas, di que como é tímido, o teatro permítelle agocharse tras dos seus personaxes.
Iso, coido, a cada día teño máis claro, cando menos no meu caso, facémolo todos.
Escribimos de nós.
E escribimos por pura timidez.
O cal non deixa de ser paradoxal: a timidez lévanos a esta forma innegable de exhibición que é a escrita.
Somos animais complicados.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar