menu Menú
OUTRO PROGRAMA DE LIBROS ELIMINADO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 26, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
UXÍO NOVONEYRA Anterior FEBRE ( UNHA HISTORIA CLÍNICA VERÍDICA ) Siguiente


Se hai un par de semanas laiábamonos da supresión polas bravas do programa de libros da TVG, Libro Aberto, hoxe soubemos da supresión, tamén polas bravas, d’A Casa do vagabundo, o programa dedicado aos libros en galego que presentaba e dirixía Rivadulla Corcón, e no que tiven a fortuna de participar e de oír moitos sábados.
Daquela, vemos que hai unha especie de présa estraña na nova dirección da tele e a radio públicas por deixar o mundo do libro fóra da programación. Ou a música galega.
Entran ganas de pensar que queren quitar todo o que cheire a galego, a libros ou a cultura.
En calquera caso, reitérome no dito cando a supresión do programa da tele: no fondo a case que ninguén, da xente da rúa, lle importa un pemento nada disto. Estes ataques á lingua e á cultura propias.
Un pemento de Padrón.
Unha mágoa e unha traxedia.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar