menu Menú
OXALÁ PUIDERAMOS ESTAR CALADOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 10, 2010 0 Comentarios 2 min lectura
O GALEGO IMPORTA UN CARALLO DE MICO (CON PERDÓN) Anterior MÁIS DE 2000 MILLÓNS PARA DEFENSA. SÓ 800 PARA CULTURA Siguiente

silenzo

Vaia por diante que eu son dos que leva toda a vida defendendo que o intelectual, o artista, calquera dos que temos unha certa voz pública, debemos ofrecela, xa que nos dan o privilexio de falar en alto, para as causas que consideremos xustas. Durante anos, e ata non hai pouco, había en certos sectores a idea de que o intelectual (imos chamalo así) debíase á súa obra e, xa que logo, non era necesario o seu concurso detrás da pancarta, no altofalante. Sobre algo diso discutimos hai pouco en Oleiros.

Sen embargo, iso só é válido para un país normal, onde as cousas son normais, onde o sentimento de batalla non é omnipresente. De feito, na cultura española é así. Os intelectuais interveñen no debate público de cando en vez, en situacións estremas (a guerra, por exemplo) e hai moitísimos deles que xamais alzan a súa voz por nada.

Poden estar calados.

Daquela, eu quero vivir nun país onde poidamos estar calados, onde poidamos ser artistas, escribindo, pintando, compoñendo, cada un na súa leira, onde non haxa que estar continuamente defendendo o obvio (a lingua, a nosa cultura), onde non haxa que estar, en definitiva, de continua manfestación.

Ou sexa: eu quero unha Galicia normal. E como semella que tal e como están as cousas, iso, a cada día que pasa, está máis lonxe, seguiremos berrando, provocando debates, levando pancartas e poñendo a nosa pluma para a causa.

Ata que gañemos, que gañaremos, e ese día, as nosas obras falarán por nós.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar