menu Menu
PÁGANME PARA MANDAR, NON PARA LER
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 6, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
BLOGS, LIBERDADE, REPRESIÓN Anterior UN POEMA PARA UXÍO NOVONEYRA Seguinte


Pasei boa parte do serán de Reis vendo na casa a película dos Simpsons, serie da que son devoto confeso, e rindo de novo con ela.
Como moitos sabedes, o presidente dos Estados Unidos é, na fita, Arnold Schwarzenegger, ese intelectual que antes fixo carreira no cine e agora churrusca xente na cadeira eléctrica como se levase toda a vida facéndoo.
Hai un instante no que un asesor lle di que ten que escoller un plan de acción, nunha situación de crise desesperada, e ofrécelle cinco informes para que os lea. A resposta do presidente é: Páganme para mandar, non para ler.
A frase é interesante. E sospeito que certa. Non imaxino aos gobernantes dedicándolle tempo á lectura. E en relación a isto ocórreseme unha maldade ( efecto secundario de pasar a tarde no universo amarelo de Springfield ): ¿que resultado darían os nosos políticos en exercicio de aplicárselles un test como o que tiveron que pasar os alumn@s cos que se elaborou o informe PISA?. Ou outra maldade aínda máis grande: se lle pediramos a Touriño, a Quintana, a Zapatero, a Rajoy, a Feijoo, que fixeran un listado de escritor@s vivos, ¿serían capaz de chegar a 10 nomes?


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar