© Francisco Castro 2023
Francisco Castro
Benvida. Benvido. Son Francisco Castro. Escritor. Vivo nos libros. E nas palabras. Entra e dá un paseo.
Concerto de Francisco Castro Trío en Boborás para celebrar o Día de Galicia
O próximo 25 de xullo, Día de Galicia, as piscinas municipais de Boborás acollerán un concerto especial de Francisco Castro Trio. A cita será ás 20:00 horas, nun ambiente festivo e familiar, rodeado da natureza e do espíritu do verán. O resto da nova, aquí.
Un tahúr do Misisipi
Na primeira moción de censura, Alfonso Guerra chamou a Suárez, “tahúr del Mississipi”. Montouse un cristo porque non se admitían insultos no Parlamento. A cousa mudou un chisco, non si? O meu artigo completo, aquí.
Francisco Castro: “O sexo sempre é un tabú, pero con 80 anos é inconcibible, a sociedade non o admite a esa idade”
Entrevista en Atlántico Diario sobre o meu libro Eva tomando o sol. Aquí.
Cando os Beatles viñeron a España
En España cada vez hai máis xente disposta a levar ao país sesenta anos para atrás, cando había ditadores e ausencia de liberdade absoluta. Co gallo da visita dos Beatles a España hai sesenta anos, reflexiono sobre isto aquí.
Unha nacionalista radical
Ayuso actúa como unha franquista, falanxista e violenta, con todo o que non teña que ver coa súa idea de España e do “español”. O artigo completo, aquí.
Culleredo celebra o Día da Música co concerto de Francisco Castro & A Banda dos Borges
(NOTICIA DO XORNAL CORUÑAXA ) O Concello de Culleredo súmase á celebración do Día da Música cun concerto especial de Francisco Castro & A Banda dos Borges, que terá lugar este sábado, 21 de xuño, ás 20.30 horas no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo. A entrada será libre e gratuíta ata completar […]
Un amigo chamado ChatGPT
Cada vez hai máis xente que se “consola” falando con ChatGPT, a quen lle piden consello e “amizade”. Sobre isto reflexiono no meu artigo de hoxe en La Voz de Galicia.
La Diputación de A Coruña promueve la Festa da Música con nueve conciertos en junio
El área de Cultura de la Diputación de A Coruña celebra el Día de la Música extendiendo su programación a todo el mes de junio con un ciclo de conciertos que tendrán lugar en A Coruña, Vilasantar, Arteixo, Culleredo, Vimianzo, Boiro, Arzúa, Cee y Padrón. Con esta gran Festa da Música, la Diputación pretende ampliar la […]
A multa a VOX
O tribunal de Contas ven de multar gravemente aos “patriotas” de VOX cunha sanción altísima por vulnerar a Lei de Partidos Políticos desviando cartos cara onde non é. O meu artigo sobre iso, aquí.
Elon Musk: a vaquiña polo que vale
“O público consumidor (votantes) castiga a un señor que non disimula os seus gustos nazis, que escribe na súa rede contra as ONG, contra a poboación inmigrante, etcétera, dándolle onde máis lle doe: no peto, na conta corrente, no valor das súas accións. Porque a xente sabe que a vaquiña, no fondo, somos nós. E, […]
A ideoloxía maligna adoita ser a boa
“Todos os grandes progresos da sociedade foron sempre atacados polo status quo como malignos, indecentes, antinaturais ou, incluso, contra a vontade de Deus, sen embargo, unha vez que se aceptan, ninguén os cuestiona. Aínda non vin a ningún conservador queixarse das vacacións pagadas (logro do sindicalismo) ou a ningunha muller conservadora dicir que ela non debería votar (logro das mulleres […]
Axitando o medo
Hoxe, o medo volve ser axitado por quen saca beneficios da súa existencia. Os políticos fálannos de que nos fagamos con kits de supervivencia para 72 horas, «por se pasa algo». No Parlamento fanse eternos debates arredor da política de seguridade europea, anúncianse millóns e millóns e millóns de euros para gastar en mercar máis armamento. Veña máis […]
O libro galego e a tarántula
“Co libro galego pasa como con todo o que está en galego: de primeiras, sospeita; de segundas, desconfianza. E logo, se hai recoñecemento fóra (do castelán), igual un chisco de caso. Isto vale para a lectura en galego, para o teatro feito en galego, para a música cantada en galego… para todo o que teña […]
Por que o Sergas non prescribe a lectura?
Entendemos que se prescribe exercicio e boa alimentación para frear ou previr o deterioro cognitivo. Pero por que non a lectura? O meu artigo completo, aquí.
Fronte Hitler, «Grândola»
Neste intre no que os fascismos rexurden sen medo, hai que, precisamente, amosarlles que non lles temos medo. Que somos mellores e que non nos agochamos. Que a boa xente é máis que a xente mala. Porque un fascista, aínda que leve traxe e sente nun parlamento, é malo. Levamos demasiado tempo vivindo na equidistancia, […]
Francisco Castro y María Xesús Argibay, una charla sobre novela negra
La noticia completa sobre la charla de este miércoles alrededor de Últimas noticias de Sara Silva, aquí.
Ricocracia
“Odía da toma de posesión de Trump escenificouse a morte da democracia tal e como a entendemos ata o de agora. Benvidos, pois, á ricocracia, o poder dos ricos, ou os ricos no poder. Con total descaro, sen filtros, sen disimulos, sen agochar nada, os homes máis poderosos do planeta demostraron o que xa sabiamos, pero ata o […]
Lalachús e a liberdade de expresión
A túa relixión pode prohibirche A TI o que considere, pero non A MIN. O artigo completo, aquí.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.