© Francisco Castro 2023
Benvida. Benvido. Son Francisco Castro. Escritor. Vivo nos libros. E nas palabras. Entra e dá un paseo.
A canción saiu cando eu non tiña nin dous anos de vida. Pero estaba na casa o «single» do meu irmán e que eu escoitaba e escoitaba e escoitaba dende que aprendín, aos tres anos, a usar o tocadiscos seu. Hai cancións que evocan verán. Luz. Pero luz moi forte, moi grande, luz que manca […]
Porque son o fillo da carniceira de Teis. Porque o meu pai empezou a traballar cando tiña 11 anos e, como era tan alto, mentiu e dixo que tiña 14 para que lle deixaran empurrar da carretilla. Porque me criei nun barrio de pantalóns con remendos, onde non se tiraba nada, onde a roupa duraba […]
Conteino mil veces. Antes que escritor, eu o que quería ser era músico. Fun a clases de guitarra anos e anos, e tiña o meu grupo na adolescencia, como tanta xente. Naquela época da Movida Viguesa eu era cativo de máis (empezando adolescencia) e pilloume co pé cambiado e, ademais, a miña liña de intereses […]
E non o podo evitar. Cando na tele, cada pouco, a volven poñer, véxoa. E gózoa como se fose a primeira vez que a vexo. E cabréome con Danny por imbécil. E cabréome con Sandy por ñoña. E na miña casa, claro, fuxen do salón porque vou poñerme a facer comentarios do tipo, «mira, agora […]
Tiña 13 anos cando Fito, un dos meus amigos daquela, mercou este single. Puñámolo no xiradiscos da súa casa unha e dúas e mil veces. Colliamos o pau das vasoiras e veña a facer como que o tocabamos, dando chimpos. No momento do só de guitarra final, un dos mellores e máis espectaculares da historia […]
https://youtu.be/IhNR79CINoA Dende moi cativo atendo moito ás letras das cancións. Hai quen só queda coas melodías. Para min unha boa canción pode ser excelsa só por un verso. E, de feito, hai algúns que, directamente, me deixan sen aire. Manolo García é un dos músicos máis singulares do panorama musical español dende hai máis de […]
Cando a alguén se lle pregunta polas «cancións da súa vida», adóitase ir á infancia e á xuventude, nunha actitude melancólica que non sempre é, ao meu ver, a máis saudable. Aínda que eu tamén o fago, claro, e as músicas que trouxen a esta serie, e as que traerei, caen nese tópico inevitable, porque […]
Esta canción dos Status Quo leva acompañándome toda a vida e, de feito, cando collo a guitarra eléctrica na casa, móntoa. Ou cando quedaba cos amigos (temos que recuperar iso, por favor) para tocar no estudio, esta non falta nunca. Recordo cando a toquei (máis ou menos) por vez primeira. El igual non o lembra […]
Cando era pequeno, o meu irmán tiña un «tocadiscos» DUAL. Era unha máquina pequerrecha coa tapa que facía de altofalante. Era de cor beige e eu xogaba a poñer os discos e imaxinaba que os Beatles vivían dentro daquel altofalante. Cantaba, daquela, o ESPINAJAU, que era (de feito sigo facéndoo así) como eu cantaba, co […]
Comezo hoxe unha serie de 10 post para tentar explicar estes primeiros 50 anos da miña vida a través de 10 cancións. Poderían ser outras. Pero son estas. Esta canción dos Beatles, aínda que asinada coma sempre por Lennon-McCartney, en realidade era de John. Interpretárona en directo, nun improvisado concerto na azotea do seu edificio […]
Hoxe espertamos coa nova de que o goberno de Rajoy repartiu xa máis de un millón de euros entre asociacións homófobas e ultracatólicas, grupos que organizan manifestacións onde é frecuente ver a bandeira preconstitucional, brazos en alto e vivas cara al sol. Todas elas (está todo aquí) destacan pola súa virulencia á hora de atacar […]
De pequeno sabía que comezaba o verán non porque Puri, a da tenda, sacase o cartel dos Helados Camy. Nin sequera porque acabasen as clases. Sabía que chegaba o verán porque o avión da ICONA sobrevoaba os ceos collendo auga diante da miña casa para lanzala sobre as lapas dos moitos incendios que había por […]
Tal día coma hoxe, hai 62 anos, morría Albert Einstein. Poucos intelectuais coma el teñen adquirido a condición indiscutible de Sabio, así, con maiúsculas. Por iso, as súas citas (as reais e outras inventadas que se lle poñen na boca e que nunca dixo, pero que lle acaen ben) andan decote por todas partes movéndonos […]
A todos nos ten pasado algo así: estamos noutro país e pregúntannos de onde somos. E dicimos, no meu caso, «de Galicia». Cando vexo que se lles pon, como adoita suceder, cara rara, matizo, «España». Aí xa o teñen todos claro, pero se insisten en saber máis, digo «Vigo». En moitas ocasións, o noso interlocutor di: […]
Todo o mundo entende e ve como normal que os alcaldes e alcaldesas deste país que non é confesionalmente católico, participen nos actos da Semana Santa, presidindo as procesións ou bendicindo ramos ou o que sexa. Quen di o alcalde di o exército ou a policía vestida con uniforme de gala, como se ve en […]
Que Cassandra Vera sexa condenada a un ano de cárcere por facer un chiste, ou mil, sobre Carrero Blanco, non pode ser certo. Ha de ser un chiste. Que o concelleiro de Culturas de A Coruña, José Manuel Sande, estea imputado polo cartel de entroido (de entroido!!!) no que o Papa vai borracho conducindo, non […]
Está aberto un debate, coido que de complexa solución, para responder á pregunta de se Facebook (e por extensión o resto das redes sociais máis usadas, coma Twitter, Instagram ou Youtube) debe ser considerado ou non un medio de comunicación como pode ser un xornal, unha emisora de radio ou unha canle de televisión. Resolver […]
Cando a semana pasada celebramos o Día da Lingua Materna coñecemos algúns datos abraiantes como que só o 18 % dos nenos e nenas DE GALICIA aprenden a falar en galego ou, dito doutra maneira, que o 82 % das nenas e nenas DE GALICIA (non de Australia ou de León, poño por caso) medran EN […]
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.