menu Menu
PALABRA DE AUTOR/PALABRA DE AUTORA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 31, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
O ÚNICO BO DO "CONFLITO LINGÜÍSTICO" Anterior VARRENDO A NÉBOA Seguinte

Mañá dará comezo un microespazo na TVG titulado Palabra de autor/palabra de autora, que vai xusto despois do Telexornal do medio día. Durará algo máis dun minuto. En total, 220 programas, que non está nada mal, arredor dun escritor ou escritora e as súas novidades bibliográficas.

Despois desta defunción, e desta (e da supresión de Miraxes, da que nunca aquí falei), é para celebrar que comece este espazo que, aínda que pequeno, cumpre coa obriga da televisión pública, de apoiar e visibilizar a cultura nosa. A hora é magnífica e, a priori, teno todo a favor.

Toca aplaudir á nosa televisión, que tantos paos leva.

Que non nos decepcionen de novo, por favor.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar