Nun acto preelectoral en Vigo, Corina Porro, exalcaldesa da cidade dixo textualmente falando da intención do PP de derogar o descreto do galego no ensino: «empeño mi palabra y abandonaré la política si no se hace así».
Empeñar a palabra é algo moi serio que alguén que se dedique á política só debe facer diante de algo que considere esencial e transcendente. Está claro que, para ela, o asunto lingüístico é fundamental. Non deixará a política se non acaba coa violencia de xénero. Non deixará a política se non acaba co paro. Non deixará a política se non acaba co fracaso escolar.
Deixará a política se non consigue que se reduzan as horas de ensino en galego en Galicia.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.