Hoxe hai dous anos que morreu meu pai. Hoxe hai un ano que morreu Leonard Cohen. Non significa nada. É só unha coincidencia do calendario, unha casualidade. Non busquedes máis nada. Non hai.
Hai dous anos deixoume o meu pai. Cada día parézome máis a el. Véxoo no espello. En certas manías. Nos pregues do meu cello. Nas manchas da pel. E gústame. Gústame moito. Incluso herdei algún problemiña latoso que é pouca cousa, pero que está aí. Hai un ano morreu Leonard Cohen. Coma el, cada día teño máis claro que só Amor vence á morte, e que a poesía alimenta.
A meu pai gustáballe «Dance me to the end of love», de Leonard Cohen.
Hoxe escóitoa para ti papá.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.