menu Menu
PAPÁ, ¿QUE É UNHA BIBLIOTECA?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 9, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
UNHAS PALABRAS SOBRE A VERDADEIRA CRÍTICA LITERARIA Anterior ROSALÍA ERA MULLER Seguinte


O domingo polo serán, estaba sentado vendo esa irreverencia algo esaxerada pero curiosa que é Padre de Familia. Peter levaba ao seu fillo Chris a unha biblioteca.
Antes de entrar, o rapaz pregúntalle ao pai:
– Papá, ¿que es una biblioteca?
– Un lugar a donde van los sintecho a afeitarse y a hacer de vientre.

Xa o dixen: irreverencia algo esaxerada.
Ou non.
Porque moi probablemente a día de hoxe haberá moitos, moitísimos rapaces, que na vida entraron, nin entrarán, nunha biblioteca. Que igual tampouco teñen moi claro como son por dentro. E ollo, que a culpa non é deles.
( Dedicado aos candidatos e candidatas que, mentres escribo isto, celebran que todos gañaron a pesar de non ter falado, nada nadiña, nin de cultura nin de libros… nin por suposto, de bibliotecas, esas zonas prohibidas, eses lugares maltratados. Porque para gañar unhas eleccións, tampouco hai que ser usuario de bibliotecas. Ou, moito mellor, para gañar unhas eleccións igual é interesante que non haxa moitos usuarios de biblioteca ).


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar