Paseo literario guiado polo autor da novela “Tes ata as 10”, Francisco Castro.
Este paseo será o sábado 14 de decembro con saída ás 11:00 dende a praza da Constitución.
“Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema é que o seu pai leva morto un día…”
Deste xeito comeza a novela de intriga “Tes ata as dez” que nos leva aos momentos finais da ditadura franquista, no que á loita e reivindicacións pola defensa dos dereitos das e dos traballadores, pola recuperación de dereitos e liberdades tiñan un sobranceiro papel na nosa sociedade e na nosa cidade, como o tiveron os medios de comunicación. Medios que vivían momentos de conflito entre a censura e represión e a presión e necesidade de daren testemuño de torturas e opresións.
O percorrido comeza na praza da Constitución, continúa na Porta do Sol, para achegarse ao edificio onde estaba situado “El Pueblo Gallego”, que serviu de inspiración para recrear o “Eco de Vigo”, o xornal onde traballa o pai do protagonista. Continúa cara ao teatro García Barbón, para parar na antiga sede da Churrería Bonilla de camiño á rúa Luís Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da novela “Tes ata as dez”. A praza de Compostela/Alameda e o Porto deportivo, e dende alí, á estatua de Xulio Verne, onde remata este camiñar polo Vigo literario.
Para se anotar, imprescindible para participar no percorrido, hai que chamar ao SNL 986810281, de 09:00 a 13:30.
editorial galaxia francisco castro tes ata as 10 vigo en galego
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.