menu Menú
PECHAR ESCOLAS E QUE ESTUDEN OS RICOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 12, 2012 0 Comentarios 2 min lectura
FUXIR DA FORNICACIÓN Anterior TEN DESEXOS SEXUAIS ROUCO VARELA? Siguiente

Hoxe a prensa atácame con dúas novas brutais. Por unha banda, leo que Narón vai pechar as súas escolas infantís se a Xunta non asume a súa obriga financeira con elas; por outra que algúns colexios de Valencia (ese lugar tan lindo con esa xente tan traxeada tan guapa) están a piques de pechar polo mesmo, porque a Generalitat non lles paga o que lles debe.

Xa dixen mil veces (e non só o manteño eu, en realidade mantén esta tese a meirande parte dos economistas e o sentido común) que un dos camiños para sair da crise é non descoidar a educación, é dicir, seguir investindo en formación. Sen embargo, esta obviedade (que ademais é algo de xustiza: se o estado non inviste en educación en que vai investir) está esquecéndose sistematicamente polos que nos administran.

Que estamos en crise é indubidable. Pero que hai cartos, tamén o é. Sen ir máis lonxe esta fin de semana aínda puiden ver un xigantesco anuncio nun xornal de Vigo que pagou unha Deputación para anunciar… un concurso de Rondallas, que non digo eu que non sexa importante, que o é, pero aí metéronse uns cantos miles de euros que quizais estarían mellor investidos, eu que sei, pagándolle a un profe de música para os rondalleiros, por dicir calquera cousa (alguén pode pensar que son malvado e que forzo os exemplos, pero o certo é que ese mesmo xornal só lle dedicaba ao concurso de rondallas, ese día, un breve na axenda).

Volvo: cartos hai, pero non para educación.

Daquela, quen queira educación de calidade, con boas infraestruturas, con recursos, con profesores de apoio, etc,. vai terminar pagando.

Porque as escolas públicas están desatendidas e a Administración, ese becho sen alma, non as considera importantes.

Así que haberá que asumir o seu peche e que só teñen dereito a estudar os ricos.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar