menu Menú
¿PENSAN OS GALEGOS QUE A LINGUA É IMPORTANTE?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 3, 2010 0 Comentarios 2 min lectura
¿PERO INTERESAN TANTO OS TOUROS EN GALICIA? Anterior POIS POR UNHA VEZ VOU ESTAR DE ACORDO Siguiente

O pasado domingo, en La Voz de Galicia entrevistaron ao Ministro de Fomento, José Blanco. O titular era definitivo:

«Si en algún territorio hay que hacer ahora discriminación positiva es en Galicia»

Para min foi lelo e pensar que tiña razón, claro. Do que falaba era do AVE. Xa se sabe: hai crise e, daquela, hai voces por aí dicindo que o do AVE haino que parar e tal. E que, sobre todo hai que parar o gasto en cultura. Falábao hoxe cunha importante directora teatral galega. Agora, é como se aproveitaran a circunstancia: nunca quixemos dar un peso para cultura e agora xa temos a escusa perfecta para non soltar un can.

Pero eu non pensaba no AVE cando lin o titular, senón no galego en Galicia.

A discriminación positiva é unha medida política que fomenta accións de goberno para procurar a igualdade beneficiando a quen máis o precisa porque está, precisamente, discriminado. Daquela, todos entedemos que temos que gastar os recursos do estado en Galicia, no que ao tren de alta velocidade se refire porque de sempre estivemos discriminados.

O argumento vale igual para a lingua galega. En Galicia: ¿que lingua estivo dende sempre discriminada, perseguida, perdendo posicións e claramente sempre no gume da navalla da desaparición? O castelán non, dende logo, a pesar do que digan os cavernarios mediáticos de Madrid.

O que pasa é que a xente aplaude ao ministro cando fala do tren. Porque todos saben que o tren é importante.

¿Sinten os galegos que a lingua é importante e, xa que logo, merece beneficiarse desa positiva discriminación?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar