menu Menú
PERDER A COR. PERDERSE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 18, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
QUE PARVOS OS CENSORES Anterior O CIRCO DE BOTERO E UNHA PREGUNTA PARA OBAMA Siguiente


Lin por aí que na India está a facer furor un produto cosmético que enbranquece a face. Traducido: que fai que deixes de parecer hindú para imitarte a un occidental. Nalgúns países asiáticos están a facer algo parecido, pasando por quirófano para que lles poñan os olliños redondiños coma os nosos.
Non vou gastar as xemas dos dedos en teclear sobre o absurdo destas condutas.
Pero si sobre que ler esas informacións fixo que me dese por pensar ( xa saben que son un tipo revirado ) que moitas galegos e galegos fan o mesmo: renuncian ao que é seu – a súa lingua, o acento propio, a súa música, paisaxe… – e loitan toda a súa vida por parecer «señoritos de fóra».
Non teño dúbidas de que moitos paisanos nosos que rexeitan o propio, de poder, mercarían algunha clase de crema para poder botar polo corazón e así esquecerse desta finisterrae complexa.
O malo é que o produto resultante sempre dá grima: ¿ou non era máis chusco o Jackson cando era negro que agora que é beige?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar