menu Menu
PERIGO: OS GALEGOS SOMOS CANÍBALES
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 30, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
'CHAMÁDEME SIMBAD' FINALISTA DO FREI MARTÍN SARMIENTO Anterior Belén Esteban e a ultradereita Seguinte

Veño de ler unha cousa moi curiosa que me axudou a parir unha idea gloriosa (comezo cun pareado, non me dirán que non estou poético hoxe).

Resulta que hai un pobo de Papúa-Nova Guinea que se encargou de ir dicindo por aí, aínda que é unha trola, que son un pobo caníbal e que gorentan moito da carne humana, e que como vexan un estranxeiro que o meten dereitiño no microondas para facer bistés. A cousa vén de que, hai aproximadamente setenta anos, entraron en contacto co home branco e, xa imaxinades, as consecuencias -para eles- foron lamentables. Sobre todo, porque axiña descobriron que estaban a perder a súa cultura.

Daquela, xa sabedes como segue isto: dado que nós estamos a perder a nosa, xa que cada vez é máis difícil atopar cativos que falen a lingua de Breogán, tendo en conta que aos galegofalantes, en especial nas cidades, nos ven como raros, cando os raros deberían de ser os outros, conclúo que deberiamos encargarnos de fomentar a idea do canibalismo ou antropofaxia, que gostamos moito de papar, vivos por suposto, a aqueles que nos desprezan, e que non hai nada que nos faga tolear máis que un bo cocido cos seus grelos e o seu desertor do arado.

Igual así nos deixaban en paz. Quedariamos de burros, si, pero igual evitabamos que nos comesen a nós.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar